O sentido do abraio

O sentido do abraio

11,00

2 disponibles

Peso0.3 kg
Dimensións1.2 × 15.2 × 21.2 cm
ISBN978-84-949154-4-4
FORMATOEncadernación rústica cosida
Nº PÁXINAS56
XÉNERODivulgación

2 disponibles

Categorías: ,

Descripción

A celebración da natureza para persoas de todas as idades.

Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962). Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia. Libro de de encadernación coidada con textos, fotos en branco e negro e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.